Outeiro de Rei acolle un obradoiro de plantas medicinais

TerraChaXa | LugoXa
O centro cultural de Outeiro de Rei acolle este xoves e venres un obradoiro de identificación e procesado de plantas medicinais.
obradoiro plantas medicinais outeiro
14 Jun 2023

O centro cultural de Outeiro de Rei acolle este xoves e venres un obradoiro de identificación e procesado de plantas medicinais, que terá lugar de 16:00 a 20:00 horas.

O obxectivo do curso é desfrutar da ampla diversidade botánica da zona e coñecer as características medicinais das plantas da contorna e aprender a procesalas. A encargada da formación é Lola Tourón e está organizado polo Sindicato Labrego Galego.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado coa Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.031568050384521