O SD Outeiro de Rei acolle un torneo de fútbol 7 e xornadas de portas abertas
Un total de 24 equipos de fútbol 7 poderán participar en Outeiro de Rei nun torneo amistoso que organiza o club de fútbol local entre o 16 e o 18.
Os partidos darán comezo na tarde do 16 para continuar durante todo o sábado e a mañá do domingo, cando se disputarán as fases finais.
O campo municipal acollerá esta celebración, na que se haberá cinco equipos premiados, que recibirán unha compensación económica (entre 1200 e 200) ademais do trofeo. Os gañadores serán os catro primeiros equipos clasificados así como o mellor local fóra dos 4 primeiros. Tamén haberá distinción para o máximo goleador do torneo.
Durante o mesmo haberá un xantar con churrasco, empanada, liscos e chourizo para todos os que queira por 12 euros.
A inscrición xa está aberta e pode facerse a través de José (639 286 181) e Seijas (696 587 957). O prezo de inscrición é de 150 euros con seguro obrigatorio incluído.
PORTAS ABERTAS
Ademais, o club organiza xornadas de portas abertas os días 6 e 8 de xuño, entre as 16.30 e as 17.15 horas para os prebenxamíns, es decir, os pequenos e pequenas nados nos anos 2016, 2017 e 2018). Para os benxamíns (2014 e 2015) e os alevíns (2012 e 2013) as sesións de portas abertas serán os días 13 e 15 de xuño.
As persoas que desexen anotarse poden facelo no teléfono 696 587 957.