Outeiro de Rei acolle unha charla sobre as axudas ao fomento dos castiñeiros

TerraChaXa | LugoXa
Charla informativa sobre a convocatoria de axudas da Consellería de Medio Rural para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito.
CASTInEIRO CASA FRAGUEIRO LUGO arbore natureza bosque castineiro senlleira
CASTInEIRO CASA FRAGUEIRO LUGO arbore natureza bosque castineiro senlleira
23 Feb 2023

O próximo sábado 25 de febreiro está previsto que se celebre no salón de actos da casa da cultura de Outeiro de Rei ás 11:30 horas unha charla informativa sobre a convocatoria de axudas da Consellería de Medio Rural para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros (código de procedemento MR670B, DOG núm. 24 de 03/02/2023).

Esta charla, na que colabora o Concello de Outeiro de Rei, está organizada por Campolab e será impartida por persoal da empresa Hnos. Blanco Trigo SL; a duración prevista da mesma será dunha hora.

0.13502097129822