Outeiro de Rei acolle unha charla sobre o uso seguro e saudable das tics

TerraChaXa | LugoXa
Outeiro de Rei organiza para o día 14 de xuño unha charla de Información e sensibilización sobre o uso seguro das novas tecnoloxías
novas tecnoloxias nenos
13 Xuño 2021

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 14 de xuño no salón de actos  da Casa da Cultura, en horario de 19:00 a 21:00 horas unha charla de Información e sensibilización sobre o uso seguro e saudable  das novas tecnoloxías (internet, móbiles videoxogos…”.

Estará impartida pola Asociación para o uso saudable das TIC (Pantallas Amigas) onde se analizarán contidos como internet, dispositivos móbiles, apps. Retos e riscos; novos perigos nas redes sociais; prevención, detección e pautas de actuación ante casos de Ciberbullying,  Grooming, Sexting, Sextorsión… ; violencia de xénero dixital…Que é todo isto? Prevención; e consellos para un uso seguro , claves e ferramentas para a mediación  parental positiva.

Desde o Concello, en colaboración co CEIP Laverde Ruíz, considérase  fundamental que os pais e nais teñan unha información adecuada sobre o uso  seguro que fan os seus fillos/as das novas tecnoloxías para facer fronte aos  perigos actuais tratando de educar á cidadanía no uso dixital responsable. 

Esta iniciativa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia contra  as mulleres, enmárcase dentro do proxecto que está a desenvolver o Educando en igualdade en outeiro de rei, que inclúe tamén  sesións dirixidas ao alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria, 3º, 4º ,5º e 6º, que  se realizarán dentro da xornada escolar neste mes de xuño. 

Para cumprir cos aforos esixidos pola normativa sanitaria, recoméndase que as persoas interesadas comuniquen a súa asistencia no departamento de Servizos  Sociais no teléfono 982 393 281. Poden realizar esta comunicación ata o propio día de celebración da charla 14 de xuño.

0.20273590087891