Outeiro de Rei acolle unha proba da Federación de Ciclismo con 169 participantes

Un total de 169 deportistas participarán este sábado na primeira edición do Gran Premio de Ciclismo Outeiro de Rei, que terá lugar a partir das 15.30 horas desde a praza do Concello.
Esta competición, que se celebra organizada polo Team Bike Outeiro de Rei englóbase dentro da rede de probas da Federación Galega de Ciclismo.
A competición contará con distintas categorías, promesa, principiante, infantil, cadete, alevín e júnior (masculinos e femininos) e ciclismo adaptado.