Outeiro de Rei acolle unhas xornadas de Seguridade na Moto
TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei acollerá este sábado, 23 de marzo, a décima edción das Xornadas de Seguridade na Moto, organizadas por Cruz Vermella e Garda Civil entre outros organismos.
22 Mar 2019
O Concello de Outeiro de Rei acollerá este sábado, 23 de marzo, a décima edción das Xornadas de Seguridade na Moto, organizadas por Cruz Vermella e Garda Civil entre outros organismos.
A sesión dará comezo ás 10.00 horas e as ponencias versarán sobre A aventura de andar en moto, de Manuel Rodríguez; A primavera e as dos rodas, de @PoluxCriville, A Vulnerabilidade do Motorista, da Garda Civil.
Tralo xantar, haberá simulacros de accidentes de tráfico, e falarán sobre o protocolo PAS. Finalmente, presentaranse os medios de Garda Civil de Tráfico no circuíto de Outeiro de Rei.
Os interesados en participar poden inscribirse no teléfono 619 987 809. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta.