Outeiro de Rei acolle uns obradoiros para familias sobre límites e normas

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de prevención de condutas adictivas organiza en Outeiro un obradoiro dirixido a nais e pais para traballar sobre límites e normas.
obradoiro supercamuchita outeiro familias portada
5 Maio 2023

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de dúas sesións de duración dirixidos a nais e pais para traballar sobre límites e normas.

Estes obradoiros realizaranse no mes de maio, os días 9 e 23 de maneira presencial no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei.

Mercedes De Santaló, educadora de Disciplina Positiva certificada en familias, aula e primeira infancia será a persoa encargada de dirixir os obradoiros.

Na primeira sesión que terá lugar o día 9 en horario de 18.00 a 19.30 falarase de que son os límites e por qué son necesarios. Como se fixan e que facer se non se cumpren.

Na segunda, o día 23, co mesmo horario, falarase de ferramentas: choiva de ideas, enfoque en solucións.

A inscrición está aberta ata o 7 de maio e pode facerse no mail prevenciondrogas@rabade.org (enviando nome completo, tlf, mail, Nº nenas/os servizo de conciliación), no teléfono  982.39.00.62 oiu neste enlace.

Haberá servizo de conciliación durante as mesmas para nenos e nenas de entre 3 e os 12 anos.

obradoiro supercamuchita outeiro familias
0.2030041217804