Outeiro de Rei acollerá un novo curso de poda
O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras que terá lugar, sempre que exista demanda suficiente (un mínimo de 10 solicitudes), do 4 de febreiro ao 11 de marzo de 2023.
Este curso desenvolverase os sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en fincas municipais.
Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 40 € e deberá facerse efectiva antes do inicio da actividade.
As persoas interesadas poderán realizar a inscrición entre o 23 de xaneiro e o 1 de febreiro no propio Concello ou chamando ao 982 393 281, en horario de 9:00 h a 15:00 h.