Outeiro de Rei acollerá un obradoiro sobre xestión do estrés
O Concello de Outeiro de Rei organiza para o día 25, en colaboración coa Consellería de Sanidade e coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o obradoiro Educación Emocional. Técnicas de relaxación, que terá lugar no salón de actos da casa da cultura, en horario de 16:30 a 20:30 horas.
Durante este obradoiro está previsto que se traten diferentes técnicas de relaxación, meditación e concentración, síntomas e efectos do estrés e a ansiedade, fontes de estrés, coñecer, entender e manexar o estrés e a ansiedade na vida e estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.
Os obxectivos que se perseguen son aprender a xestionar as emocións. Conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade. Lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital: enfermidade, dó, etc.
Inscricións gratuítas ata completar prazas (30) neste enlace.
Esta actividade está incluída dentro das Actividades de Promoción da Muller 2024.