Outeiro de Rei acollerá unha nova xornada de seguridade na moto en marzo

TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei acollerá o sábado, 28 de marzo, a undécima edición das Xornadas de Seguridade na Moto, organizadas por Cruz Vermella e Garda Civil entre outros organismos.
84568703_824259158037844_7519159946156441600_o
12 Feb 2020

O Concello de Outeiro de Rei acollerá o sábado, 28 de marzo, a undécima edición das Xornadas de Seguridade na Moto, organizadas por Cruz Vermella e Garda Civil entre outros organismos.

A sesión dará comezo ás 10.00 horas e as ponencias versarán sobre Sistemas de Amoriguación, de MMRacing; Condución proactiva, de @PoluxCriville, A responsabilidade legal vs moral, da cargo de Daniel Castelo.

Tralo xantar, haberá simulacros de accidentes de tráfico, e falarán sobre sistemas de seguridade activa, condución segura de moto en gruño e o sistema roadcraft.

Os interesados en participar poden inscribirse no teléfono 619 987 809. O prezo da actividade é de 2 euros e para os que se queden ao xantar de 16 euros.

0.25776505470276