Outeiro de Rei aproba tamén o plan polo clima e a enerxía

TerraChaXa | LugoXa
O pleno do Concello de Outeiro de Rei aprobou, tras a adhesión do municipio ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (Paces) no que definen as liñas estratéxicas, a través das que o municipio, buscará impulsar a loita contra o cambio climático.
28 Nov 2020

O documento, elaborado pola Faepac, ao amparo dunha subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder 2014-2020, recolle todas as accións que, desde o Concello de Outeiro de Rei, se propoñen co obxectivo de reducir un 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro ata o ano 2030, a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.

Así, o Paces de Outeiro de Rei  busca orientar a actividade do Concello no exercicio das súas competencias propias cara a políticas tendentes á diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o establecemento da acción para a mitigación dos impactos do cambio climático. Dentro do proxecto de Outeiro están a realización de melloras no aislamento e gasto enerxético de edificios públicos, a mellora do alumeado e a creacións de carrís bici e rutas de sendeirismo, moitas destas accións xa realizadas.

0.21454691886902