Outeiro de Rei arranca o sábado cunha nova edición do Open de Pádel
LugoXa | TerraChaXa
A inscrición remata o 17 de outubro
17 Out 2024
Do 19 ao 27 de outubro, o municipio de Outeiro de Rei acollerá unha nova edición do Open de Pádel Concello de Outeiro de Rei, que celebra este ano a súa sexta edición. Un evento deportivo que promete ser unha referencia para os afeccionados ao pádel da rexión.
O torneo contará cunha ampla variedade de categorías 2ª, 3ª e 4ª masculinas, 2ª e 3ª femininas e 1ª e 2ª mixtas.
Está destinada a xogadores con menos dun ano de experiencia no pádel. Os campións e subcampións do torneo recibirán premios en valor de material deportivo. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 17 de outubro ás 12:00 horas a través da súa web.