Outeiro de Rei celebra a súa carreira anual

TerraChaXa
Coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía e das Festas patronais, o concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición, a cuarta da súa carreira solidaria, que se celebrará tamén o 7 de xullo.
carreira_outeiro_portada
24 Jun 2018

Coincidindo coa celebración da Feira de Artesanía e das Festas patronais, o concello de Outeiro de Rei organiza unha nova edición, a cuarta da súa carreira solidaria, que se celebrará tamén o 7 de xullo.

A carreira faise baixo o título SOMOS xente CORREnte e está dirixida a todas as idades. A carreira absoluta, para todos os nados antes de 2002, será ás 10.30 horas con saída na praza do Concello e chegada ao Campo de Santa Isabel cunha lonxitude de 6.500 metros.

Haberá tamén unha carreira infantil e cadete para os nados entre 2003 e 2006, de 1.400 metros; outra prebenxamín e benxamín para aqueles con data de nacemento entre 2007 e 2012 de 700 metros, e unha última para a categoría chupete na que participarán todos aqueles nados antes do 2013. Estas edicións para pequenos terán lugar ás 11-15 horas no Campo de Santa Isabel.

Todos os participantes terán servizo de ducha no poliderpotivo de Outeiro de Rei e aparcadoiro gratuíto. Ao final da proba, os atletas serán invitados a un picoteo. A entrega de premios será ás 13.00 horas.

A parte solidaria da carreira será que a recaudación da mesma destinarase á asociación SOMOS Unidos polo Cancro para a investigación desta enfermidade.

A inscrición xa está aberta e pode realizarse a través da web www.championchipnorte.com.

carreira_outeiro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19657301902771