Outeiro de Rei celebra as patronais do 5 ao 8 de xullo
![Captura de pantalla 2019 06 19 a las 16.09.29](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2019/06/Captura-de-pantalla-2019-06-19-a-las-16.09.29.png)
Paralamente á Feira de Artesanía terán lugar en Outeiro de Rei as festas patronais, que se celebran na honra de Santa Isabel e que teñen lugar entre o 5 e o 8 de xullo.
As celebracións darán comezo o día 5 coa celebración da XXVII Festa da Terceira Idade promovida polo Concello de de Outeiro de Rei. A misa, ás 13.30 horas, dará comezo coa misa solemne no campo de Santa Isabel acompañada pola Coral Asociación Músico Crisanto de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.
O acto central do día será a comida de confraternidade que se celebrara baixo carpa e con baile posterior a cargo dúo Eclipse. Pola noite será a vez da verbena con Saudade, na praza da Vila.
Ao día seguinte celebrarase a Feira de Artesanía con completo programa con numerosas actividades polo que a comisión encargarase unicamente da sesión vermú e da verbena, que estarán a cargo do grupo Tapyoka e a orquestra Solara.
O domingo a programación iniciarase coa misa solemne ás 13.30 horas con sesión vermú e verbena a partir das 8 da tarde a cargo do grupo Arodes e o trío D'Nika.
O luns 8 será a última xornada de festas con misa á mesma hora e sesión vermú e verbena coa orquestra Escaparate.
![Outeiro 2019](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2019/06/Outeiro-2019-200x290.jpg)