Outeiro de Rei celebra este venres o seu Festival de Outono

TerraChaXa | LugoXa
O  venres terá lugar na praza da vila de Outeiro de Rei o Festival de Outono, que acollerá as actuacións de La Penúltima Sabinera
FESTIVAL DE OUTONO OUTEIRO DE REI PORTADA
26 sep 2022

O  venres día 30 de setembro terá lugar na praza da vila de Outeiro de Rei o Festival de Outono, que acollerá as actuacións de La Penúltima Sabinera ás 22:00 horas, á que seguirá a actuación  ás 24:00 h  de La Duendeneta (discoteca móbil vintage); ambas animarán cos seus temas a todas as persoas que queiran gozar deste evento.

Estas actuacións están incluídas dentro dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia.

Lembrar que ese mesmo día terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei  ás 21:00 h  a  presentación das actividades de inverno de Lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil previstas para a tempada 2022-2023.

FESTIVAL DE OUTONO OUTEIRO DE REI
0.19594717025757