Outeiro de Rei celebra o mércores a Festa da Primavera en Robra
TerraChaXa | LugoXa
O concello de Outeiro de Rei acollerá o mércores día 1 de maio no centro cultural de Robra a Festa da Primavera das Escolas Mancomunadas de Música de Outeiro de Rei, Begonte, Rábade e Friol.
29 Abr 2024
O concello de Outeiro de Rei acollerá o mércores día 1 de maio no centro cultural de Robra a Festa da Primavera das Escolas Mancomunadas de Música de Outeiro de Rei, Begonte, Rábade e Friol.
O programa arrancará ás 12.00 horas coa decoración de maio, as poesías e coplas e a participación na mesma é gratuíta.
Tamén está previsto pola mañá un obradoiro de canto, antes do xantar, ás 14.00, do que cada quen deberán encargarse do seu.
Pola tarde será o festival con obradoiros de iniciación ao baile tradicional, monicreques e ambientación sonora.
Finalizará a sesión, ás 19.00 horas, cunha foliada.