Outeiro de Rei celebra tamén esta fin de semana as súas festas patronais

LugoXa | TerraChaXa
Arrancan hoxe, venres, coa Festa da Terceira Idade, que rematará co baile amenizado polo grupo Los Adrianos
festa-concerto-verbena-festas-de-vilalba
Cartel
5 Xul 2024

A localidade de Outeiro de Rei celebra tamén esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa Isabel facéndoas coincidir coa Feira de Artesanía.

Hoxe, venres terá lugar a Festa da Terceira Idade, que rematará co baile amenizado polo grupo Los Adrianos.

O sábado as celebracións tamén se cruzarán coas da feira, que se inaugura ás 12.00 horas. Unha hora despois terá lugar a actuación da banda Sons e Soños diante da casa consistorial para pasar a facer a sesión vermú coa orquestra Escaparate sobre as 14.00 horas.

De noite volverán actuara xunto a Alianza. Haberá tamén unha sesión de fogos de artificio promovida polo Concello.

O domingo comezará a sesión cunha misa solemne na igrexa de San Xoán coa actuación da Coral Músico Crisanto e a consabida procesión.

A sesión vemú e a verbena estará a cargo do grupo Zona Zero e pola noite actuará tamén Bomba, un grupo canario.

A misa das 13.00 horas abrirá o programa do luns. Despois da procesión será o grupo Mar de Arousa o que se encargue da sesión de mediodía. Repetirán á noite xunto a Cinema e durante a tarde, de 17.00 a 18.30 horas haberá inchables para os nenos.

cartel-festas-outeiro-de-rei
0.17861199378967