Outeiro de Rei celebrará almorzos saudables no colexio o último xoves de cada mes
LugoXa | TerraChaXa
Foi acordado na segunda reunión da Rede de Saúde Local, que tivo lugar este luns no concello
14 Jan 2025
Este luns tivo lugar no salón de plenos de Outeiro de Rei, a segunda reunión da Rede Saúde Local. Neste encontro, levouse a cabo a un breve resumo dos temas tratados anteriormente na primeira reunión, celebrada o 14 de novembro.
Posteriormente, centráronse no tema (xa citado na primeira reunión) da elaboración dun almorzo saudable unha vez ao mes para todos os nenos do concello que pasen por este programa (Almorzos Saudables).
Acordouse que comezarán cos cursos de 5º e 6º de primaria e os demais relevaranse ata completar os 6 cursos correspondentes de primaria.
O día elixido para o almorzo saudable, tipo buffet, será o último xoves de cada mes, ás 9:30 horas.
Para concluír o acto fixouse a data da próxima reunión.