Outeiro de Rei celebrará na Feira de Artesanía o II Concurso de Pintura ao Aire Libre
Coincidindo coa celebración da Feria de Artesanía de Outeiro de Rei, o Concello organizou para o día 7 unha nova edición do Concurso de Pintura ao Aire Libre, que chega á súa segunda edición e que este ano aumentará a dotación dos premios.
Un ano máis poderán participar todas as persoas que o desexen que terán como temática central a feira de artesanía. A inscrición para o concurso farase entre as 9:00 e as 10:30 horas do día 7 na caseta do Concello de Outeiro de Rei, lugar no que terán que presentar as obras antes das 19.30 horas desa mesma xornada.
Todas as obras engrosarán una exposición ao lado da Casa Consistorial que poderá visitarse ata as 21.00 horas. Antes, ás 20.30 o xurado dará a coñecer o seu veredicto.
Os premios consistirán en 500 euros para o gañador, 300 para o segundo e 200 para os terceiro.
Consulta as bases neste enlace.