Outeiro de Rei contará co servizo Coidados porta a porta a próxima semana

TerraChaXa | LugoXa
Os días 25, 26 e 27 de abril terán ao lado do PAC en Outeiro de Rei unha unidade móvil dentro da campaña Coidados porta a porta
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
16 Apr 2023

O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa que nos días 25, 26 e 27 de abril estará carretera Nacional VI, ao lado do PAC e o Soborvila, unha unidade móvil dentro da campaña Coidados porta a porta.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

coidados porta a porta outeiro

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18576002120972