Outeiro de Rei contará co seu concurso de disfraces o domingo

TerraChaXa
Un ano máis, con motivo do Entroido 2020, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XXII edición do concursos de disfraces.
Captura de pantalla 2020 01 30 a las 13.33.38
3 Feb 2020

Un ano máis, con motivo do Entroido 2020, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XXII edición do concursos de disfraces. A cita terá lugar o día 23 de febreiro (domingo de Entroido) a partir das 17.00 da tarde na praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D´NIKA .

Xa están a diposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscripción e información do mesmo, na paxina wep do concello, o prazo para anotarse permanecerá aberto do 3 ao 20 de ferbreiro na Casa da Cultura de 10.00h. a 14.30 ou ben o mesmo día de 17.00 a 17.45.

A cuntía dos premios ascende a 2.080 euros. Premiarase ás tres mellores comparsas con 400, 300 e 200 euros. Os premios por parellas serán de 200 e 120 euros e en individual 150 e 100 euros, o mesmo que recibirán os dous mellores disfraces da categoría infantil.

Finalmente haberá un premio especial para as dúas comparsas de Outeiro de Rei, que ascende a 150 e 100 euros e premios especiais do xurado de 60 e 50 euros.

Os interesados en poder obter máis información poden facelo chamando ao número 982 39 34 08.

Entroido 2020
0.11209797859192