Outeiro de Rei contará cun CIM grazas a unha proposta do BNG aprobada por unanimidade

TerraChaXa | LugoXa
O grupo municipal do BNG de Outeiro de Rei conseguiu no último pleno a unanimidade para a creación dun Centro de Información á Muller no Concello.
concelleiros bng outeiro de rei
29 Dec 2023

O grupo municipal do BNG de Outeiro de Rei conseguiu no último pleno a unanimidade para a creación dun Centro de Información á Muller no Concello.

Así, a sesión plenaria aprobou no súa totalidade iniciar o proceso para dotar á poboación de Outeiro de Rei dun CIM, dando un prazo de 2 anos para dispoñer dun local e para obter o financiamento necesario.

Elvira Lombao, concelleira do BNG en Outeiro de Rei, defendeu a importancia deste tipo de centros que “garanten o fomento da igualdade e a prestación dun servizo de información ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre recursos, así como de calquera outra actividade que teña por obxecto a promoción dunha sociedade xusta e igual”.

0.1934769153595