Outeiro de Rei convoca unha nova edición do concurso de postais de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei convoca por sétimo ano o Concurso de Postais Nadal 2022, no que poderán participar rapaces e rapazas que cursen Educación Primaria (EP) e estean empadroados neste municipio ou que estuden no Colexio Público Laverde Ruíz.
concurso postais nadal castroverde
25 Oct 2022

O Concello de Outeiro de Rei convoca por sétimo ano o Concurso de Postais Nadal 2022, no que poderán participar rapaces e rapazas que cursen Educación Primaria (EP) e estean empadroados neste municipio ou que estuden no Colexio Público Laverde Ruíz.

As categorías que se convocan son para pequenos de primeiro a terceiro de Primaria na primeira categoría, e os de cuarto a sexto, na segunda.

Os traballos tratarán sobre o Nadal, valorarase a imaxinación, orixinalidade, colorido e calidade da execución, con atención á idade dos nenos e das nenas concursantes; terán que presentarse en formato 15X21 cm (medio folio) e poderán realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.

Entre as tarxetas premiadas o Concello seleccionará a de maior puntuación para empregala como felicitación de Nadal.

O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto do 1 ao 25 de novembro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.08334493637085