Outeiro de Rei dá o primeiro paso para crear a primeira escola de kárting de Galicia

LugoXa | TerraChaXa
Funcionará como actividade extraescolar dous días á semana, de martes a xoves, de 16:00 a 20:00
creacion-escola-racing-outeiro-de-rei
30 Apr 2025

Este luns celebrouse no salón de plenos de Outeiro de Rei, a reunión oficial para o pacto de convenio entre Escuela Rácing e o concello de Outeiro de Rei para a apertura e creación da primeira escola de kárting de Galicia. Este convenio está firmado con duración de 2 anos e terá dispoñible o circuíto de Outeiro de Rei.

Esta escola estará destinada a nenos de entre 5 e 12 anos. Funcionará como actividade extraescolar dous días á semana, de martes a xoves, de 16:00 a 20:00. O sistema de actividades estará organizado por niveis de dificultade dependendo da experiencia de cada neno. Para niveis de iniciación, prestarase todo o material necesario.

Os nenos e nenas pertencentes ao concello de Outeiro de Rei contarán con un desconto do 50 %. Ofrécese máis información en squadraracingaoficial@gmail.com ou nos teléfonos 633 693 060 e 636 708 527.

⚙ Configurar cookies
0.1222620010376