Outeiro de Rei entrega os premios aos gañadores dos concursos de poesía e de postais

LugoXa | TerraChaXa
Os premiados recolleron os seus correspondentes diplomas e uns agasallos
ganadores-concurso-de-poesia-e-de-postais
23 Jan 2025

A casa da cultura de Outeiro de Rei acolleu a entrega de premios do certame de poesía infantil Nadal 2024 e o concurso de postais de Nadal 2024 do Concello de Outeiro de Rei

Os premios foron entregados aos gañadores/as das súas respectivas categorías, por personalidades do concello de Outeiro de Rei, entre eles o alcalde do concello, Jose Pardo Lombao. Os premiados recolleron os seus correspondentes diplomas e uns agasallos (libros, mochilas,…)

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas gañadores do Certame de Poesía Nadal 2024 na fase local do concurso. Na categoría A (menores de 8 anos), os premios foron para Adrián Blanco Pérez (1°A), Hugo López Díaz (3°A) e Aroa Fernández Barreiro (3°A), con accésit para Erik Gil Ron (2°A).

Na categoría B (de 9 a 11 anos) resultaron gañadores Dafne Peña Piñeiro (4°B), Claudia García Valle (6°A) e Thiago Luigi Botigué Andrade (6°A). Houbo un accésit para  Lucía Alba Martínez (5°A).

Tamén recibiron os premios os gañadores do Concurso de Postais de Nadal do Concello de Outeiro de Rei, no que se escolleu o traballo de Adriana Rouco Marqués, de 6ºB, que destacou entre os participantes polo seu talento e creatividade e coa súa postal o Concello felicitará as festas aos seus conveciños.

Ademais, premiáronse os seguintes alumnos nas distintas categorías. Na Categoría I (de 1º a 3º de Educación Primaria), os premios foron para Martín Iglesias Galán (1ºA), Aldán Vázquez Fernández (1ºB) e Carla Gil Martínez (3ºA). Obtiveron accésits Sergio Mouriz Pena (2ºB) e Rosa Morais Corbelle (3ºB).

Na Categoría II (de 4º a 6º de Educación Primaria), ademais do premio a Adriana Rouco Marqués (6ºB), tamén foron galardoados Iago Río Pernas (5ºB) e Noé Morais Corbelle (5ºB). Os accésits foron para Martín Blanco Pérez (4ºA) e Valeria Méndez Rodríguez (4ºB).

0.16952705383301