Outeiro de Rei escolle a postal gañadora do concurso

TerraChaXa | LugoXa
Iván Río Pernas foi o gañador este ano do concurso de postais do Nadal de Outeiro de Rei, polo que o seu traballo será usado polo Concello.
luces nadal lugo
3 Dec 2021

Iván Río Pernas, de 10 anos, foi o gañador este ano do concurso de postais do Nadal de Outeiro de Rei, polo que o seu traballo será usado polo Concello para felicitar as festas.

Iván foi o gañador na categoría de 4º a 6º de Primaria xunto a Natalia Feijóo e Cora Hernández. Os accesite nesta categoría foron para Mateo Lamas e Lara García.

Por outra banda, Roque Vilela, Daniel Romero, Bela Hernández foron premiados na categoría de primeiro a terceiro de primaria, con accesits para Daniel Corujo, Adriana Gómez, Iago Río e Mateo López.

0.19200801849365