Outeiro de Rei foi o lugar escollido para a presentación dos pilotos do Rally San Froilán 2025

LugoXa | TerraChaXa
O encontro tivo lugar no Hotel Casas da Fortaleza, contando coa presenza de autoridades e representantes institucionais
presentacion-de-pilotos-rallye-san-froilan
17 Oct 2025

Outeiro de Rei acolleu na tarde deste xoves, 16 de outubro, ás 20:00 horas, o acto de presentación dos principais pilotos participantes no 47 Rallye Optimilk Pro San Froilán, un dos eventos automobilísticos máis destacados de Galicia.

O encontro tivo lugar no Hotel Casas da Fortaleza, contando coa presenza de autoridades e representantes institucionais. En nome do Concello de Outeiro de Rei, asistiron o alcalde José Pardo Lombao e a concelleira de Deportes Pilar Méndez, mentres que por parte da Xunta de Galicia estivo presente o secretario territorial, D. Alejandro Fontela Pereira. O acto estivo encabezado tamén por Maite Vilanova, presidenta da Escudaría Miño.

Durante o evento, presentáronse os principais pilotos e vehículos de competición que participarán nesta 47ª edición, que volve a reunir a grandes figuras do motor galego e nacional. O público asistente puido coñecer de preto os coches e intercambiar impresións cos pilotos, nun ambiente de entusiasmo e paixón polo automobilismo.

A presentación contou ademais cunha degustación de produtos de Torre de Núñez, completando unha velada na que deporte, tradición e gastronomía se deron cita para celebrar a proximidade dunha nova edición do histórico Rallye San Froilán.

⚙ Configurar cookies
0.069124937057495