Outeiro de Rei mantén aberto o prazo de inscrición para as actividades deportivas e culturais de inverno
O Concello de Outeiro de Rei fixo pública a súa oferta lúdica para os meses de inverno e mantén o prazo de inscrición aberto para as mesmas ata o 5 de novembro.
Entre as actividades culturais previstas destaca dúas charlas sobre alimentación saudable, un taller de baile de salón, unha excursión á feri ada Fonsagrada, dous cursos de mecanografía, unha ruta de sendeirismo polo Umia, cursos de baile tradicional, cursos de inglés e talleres de creatividade.
Ademais, para os mozos haberá ximnasia rítmica, clases de inglés dos niveis A2 e B1, escola de música e curso de pádel.
Tamén manterá escolas deportivas para todas as idades, un taller de defensa persoal para mulleres e para os maiores, unha excursión á feira de Santa Catalina de Luarca.
As inscricións para estas actividades deben facerse antes na Casa da Cultura en horario de mañán ou chamando ao teléfono 982 393 408.