Outeiro de Rei organiza un novo curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras
O Concello de Outeiro de Rei organiza por segundo ano consecutivo un curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras que terá lugar, sempre que exista demanda, do 2 de febreiro ao 16 de marzo de 2019. Desenvolverase os sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en fincas do municipio. Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 30 € e deberá facerse efectiva antes do inicio do curso.
As persoas interesadas poderán solicitalo entre o 14 e o 30 de xaneiro no propio Concello, no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao 982 393 382, en horario de 9:00 h a 15:00 h.