Outeiro de Rei prepara a Festa dos Nenos para o venres 6 de xuño
LugoXa | TerraChaXa
O horario será de 16:30 ata as 19:00 horas, e como remate terá lugar a festa da escuma

17 May 2025
O Concello de Outeiro de Rei organiza para o vindeiro venres día 6 de xuño a XXV Festa dos nenos, na que pequenos e pequenas poderán desfrutar de diferentes inchables, tobogáns de forma gratuíta
O horario da festa será de 16:30 ata as 19:00 horas, e como remate terá lugar a festa da escuma. A organización lembra que hai que acudir preparado para a molladura, se o tempo acompaña terá lugar na Praza da Vila, en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Municipal e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.