Outeiro de Rei presenta as súas actividades dedicadas á muller para o 2026

LugoXa | TerraChaXa
As prazas asignaranse por orde de inscrición e o prazo para anotarse nas actividades do primeiro semestre permanecerá aberto ata o 20 de febreiro
actividades-de-promocion-muller-outeiro
7 Feb 2026

Este venres, 6 de febreiro, o salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei acolleu a presentación da XXVI edición do Programa de Actividades de Promoción da Muller 2026.

Ás 17:00 horas, as persoas asistentes puideron coñecer a programación que o Concello de Outeiro de Rei desenvolverá ao longo do ano. Ao remate do acto, abriuse o prazo de inscrición nas actividades previstas para o primeiro semestre.

Cómpre lembrar que, aínda que a programación está dirixida principalmente ás mulleres, algunhas das actividades estarán abertas tamén á participación dos homes, que poderán optar igualmente ao resto das propostas no caso de quedar prazas libres unha vez finalizado o prazo de solicitude.

As prazas asignaranse por orde de inscrición e o prazo para anotarse nas actividades do primeiro semestre permanecerá aberto ata o 20 de febreiro.

Durante o acto realizouse tamén o sorteo dunha cesta con produtos de proximidade entre as persoas asistentes, resultando agraciada Marisa Núñez Ceide.

As actividades darán comezo o 25 de febreiro cun curso de bixutería botánica que se impartirá en Robra. Antes do 8 de marzo, cando se presentará un vídeo e unha charla sobre mulleres emprendedoras, está prevista tamén unha visita á feira da Biocultura da Coruña.

Sumaranse os cursos de horto ecolóxico, de vimbio, de restauración, de cociña, de cerámica ou de competencias dixitais. Os actos daranse por concluídos o 25 de novembro coa andaina contra a violencia de xénero e unha charla sobre a prevención da violencia de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.087291955947876