Outeiro de Rei recupera o venres a Festa dos Nenos
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei, tras dous anos de parón, organiza para o vindeiro venres día 3 de xuño a XXII Festa dos Nenos.
31 May 2022
O Concello de Outeiro de Rei, tras dous anos de parón, organiza para o vindeiro venres día 3 de xuño a XXII Festa dos Nenos, na que pequenos e rapaces poderán gozar de diferentes inchables, kars e tobogáns de forma gratuíta en horario de 16:30 horas ata as 19:00 horas.
Como remate final, haberá a tradicional festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de vir preparados para a molladura.
Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e o pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.