Outeiro de Rei rendeu homenaxe aos seus maiores
LugoXa | TerraChaXa
Nesta ocasión os premiados foron María Parga Loureiro, de 99 anos e Ramiro Lorenzo Barreiro, de 91
Os homenaxeados en Outeiro de Rei
6 Jul 2024
Este venres, o Concello de Outeiro de Rei celebrou a tradicional Festa dos Xubilados na Área Recreativa de Santa Isabel, que deu inicio ás festas patronais e serviu de antesala tamén da Feira de Artesanía.
Reuniu un total de 600 persoas. O grupo Los Adrianos e o grupo de Cantos de taberna Son de Outeiro animaron con música a festa ao longo de toda a tarde. Tamén se fixo entrega dun agasallo ao home e muller de máis idade por parte do alcalde José Pardo Lombao e da concelleira de servizos sociais, María José Martínez. Nesta ocasión os premiados foron María Parga Loureiro, de 99 anos e Ramiro Lorenzo Barreiro, de 91.