Outeiro de Rei terá o día 5 a súa festa de Reis

TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional visita dos Reis Magos.
festa de reis outeiro de rei portada
23 Dec 2021

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas do Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional visita dos Reis Magos.

Os Reis Magos estarán no pavillón do CEIP Laverde Ruíz dende as 17:00 ata as 19:30 horas para que os nenos e as nenas do municipio poidan facer unha foto cos Reis.

Os  pais/nais que así o desexen,  poderán  levar un regalo para seus fillos/as  á casa da cultura (xunto ao colexio) os días 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de oficina, e o mesmo martes día 5  pola tarde de 17:00 a 19:00 horas, regalos que serán entregados despois polas súas maxestades.

En todo momento cumpliranse as normas  hixiénico-sanitarias en vigor motivadas pola covid-19.

festa de reis outeiro de rei
0.19574809074402