Outeiro de Rei viviu unha animada Festa da Xuventude

LugoXa | TerraChaXa
O evento contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Carnéxove, Abanca e o Concello
festa-da-xuventude-outeiro-de-rei
11 May 2025

Outeiro de Rei celebrou este sábado a Festa dá Xuventude. A xornada arrincou ás 13:30 horas coa sesión vermú a cargo de Hora Bruxa, onde xente de todas as idades gozaron da música e o ambiente festivo.

Unha vez concluída a sesión vermú deuse paso á comida campestre ás 15:15 horas. O menú estaba composto por empanada, lacón, churrasco e sobremesa e como bebida, viño, refrescos e auga.

A tarde estivo amenizada coas actuacións musicais de DJ Francis e Louband, quentando motores para a gran verbena nocturna que contou coa recoñecida orquestra París de Noia, acompañada novamente por DJ Francis. Ademais, a festa tivo lugar baixo carpa para garantir a diversión sen importar o tempo.

O evento contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Carnéxove, Abanca e o Concello de Outeiro de Rei.

⚙ Configurar cookies
0.16487884521484