Outeiro de Rei volverá contar con concurso de decoración e de postais este Nadal
O Concello de Outeiro de Rei dentro das próximas actividades de Nadal e co obxectivo de ambientar as rúas e pobos do municipio, convocou o II Concurso de decoración de Nadal de fachadas e xardíns de Outeiro de Rei.
A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás festas de Nadal e poderán participar no mesmo veciños e veciñas censados neste concello. A decoración deberá estar instalada e en funcionamento antes do 10 de decembro.
A inscrición será gratuíta. As persoas participantes terán que enviar dúas fotos actuais da decoración da fachada e/ou xardín ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org. As fotos teñen que ser actuais, orixinais e inéditas e non poden conter persoas.
Neste mesmo correo deben incluír o Anexo I de solicitude de participación cos datos persoais e de localización da vivenda ou xardín.
O prazo está aberto do 27 de novembro ao 15 de decembro de 2023.
Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios serán dous de 100 euros, outros dous de 75 e dous máis de 75.
O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello, antes do 6 de xaneiro.