Outeiro de Rei xa ten gañadores do certame de poesía de Nadal

LugoXa | TerraChaXa
Os primeiros premios foron para Erik Gil Ron, na categoría A, e Aina Lendínez Lombao, na B
Imaxe recurso poesía
21 Jan 2026

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei fixo pública a relación de persoas premiadas na fase local do Certame de Poesía Infantil Nadal 2025, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria e o gusto pola poesía entre a rapazada do concello.

Na categoría A, dirixida a nenos e nenas de ata 8 anos, resultaron premiados Erik Gil Ron, de 3º A; Guzmán Vilela García, de 2º B; e Izan Paderne Vázquez, tamén de 2º B.

Pola súa banda, na categoría B, destinada ao alumnado de entre 9 e 11 anos, os premios foron para Aina Lendínez Lombao, de 6º A; Dafne Peña Piñeiro, de 5º B; e Hugo López Díaz, de 4º A. Ademais, concedeuse un accésit a Yanira Casanova Sánchez, de 6º A, en recoñecemento á calidade do seu traballo.

Desde a Biblioteca Pública Municipal informan de que proximamente se dará a coñecer o día e a hora da entrega de premios, acto co que se porá o broche final a esta edición do certame literario.

⚙ Configurar cookies
0.0764319896698