Outeiro de Rei xa ten gañadores do concurso de postais
O Concurso de Postais de Nadal do Concello de Outeiro de Rei xa ten gañadora absoluta: Adriana Rouco Marqués, de 6ºB, que destacou entre os participantes polo seu talento e creatividade e coa súa postal o Concello felicitará as festas aos seus conveciños.
Ademais, premiáronse os seguintes alumnos nas distintas categorías. Na Categoría I (de 1º a 3º de Educación Primaria), os premios foron para Martín Iglesias Galán (1ºA), Aldán Vázquez Fernández (1ºB) e Carla Gil Martínez (3ºA). Obtiveron accésits Sergio Mouriz Pena (2ºB) e Rosa Morais Corbelle (3ºB).
Na Categoría II (de 4º a 6º de Educación Primaria), ademais do premio a Adriana Rouco Marqués (6ºB), tamén foron galardoados Iago Río Pernas (5ºB) e Noé Morais Corbelle (5ºB). Os accésits foron para Martín Blanco Pérez (4ºA) e Valeria Méndez Rodríguez (4ºB).