Outeiro prepara unha serie de actividades culturais para o primeiro semestre deste ano

TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei prepara unha serie de actividades polo día da muller e para o primeiro semestre deste ano.
outeiro de rei 8M
4 Feb 2019

O Concello de Outeiro de Rei prepara unha serie de actividades polo día da muller e para o primeiro semestre deste ano. Consistirán nunha serie de obradoiros para os que o prazo de inscrición é ata o día 25 de febreiro.

Elaboración de xabóns e cosmética natural, impartido por Carmen López Arias. A través deste taller, que está previsto se inicie a partir do 19 de febreiro,  ofrécese a posibilidade de aprender a usar ingredientes naturais en beneficio da saúde.

Iniciación ao horto ecolóxico, no que persoal técnico da empresa Nuevos Jardines será o encargado de impartir este curso a partir do 14 de marzo. Orientarase a conseguir de maneira doada un horto familiar, onde cultivar hortalizas para consumo propio.

Taller de coiro, impartirá este taller o artesán José Ramón Lleo Fisure que leva toda unha vida adicada a traballar o coiro. Este curso proponse para aprender a elaborar e rematar diferentes pezas de coiro de forma artesá, feitas con ferramentas básicas e manuais de forma que quede o coñecemento do proceso detallado na elaboración de calquera peza de coiro.

A programación prevista para 2019 completarase,  xa no segundo semestre do ano, coas actividades de Iniciación ao tiro con arco; De feira á feira franca medieval de Betanzos;  Habilidades informáticas para tempos actuais; Reciclaxe e restauración de mobles; Iniciación ao scrapbooking e a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa charla: Prevención, detección e pautas de actuación en casos de violencia de xénero.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O Concello tamén organiza o terceiro  concurso de fotografía que, baixo o título A muller traballadora no Concello de Outeiro, pretende visibilizar o traballo das mulleres en diferentes eidos da sociedade e en calquera ámbito (público ou privado). Haberá dúas categorías, fotografías antigas e fotografías actuais.

O premio será 200 euros para a fotografía gañadora de cada sección. Os traballos pódense presentar no rexistro do Concello (presencialmente ou por correo postal certificado) ata o día 25 de febreiro.

Cos traballos que se presenten, está previsto realizar unha exposición que será inaugurada o día 8 de marzo, data na que se darán a coñecer as fotografías gañadoras e  na que se realizará a entrega de premios.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20582294464111