Outro ano sen historia para As Pontes

TerraChaXa
A popular festa que organiza a asociación Lembranza da Vila non se celebrará tampouco este ano debido á covid.
cita coa jhistoria 5
29 Ago 2021

A popular festa que organiza a asociación Lembranza da Vila non se celebrará tampouco este ano debido á covid rompendo seis anos de convocatorias cada vez máis complexas e cunha participación de público en continuo crecemento.

O mes de setembro significou nos últimos anos unha Cita coa Historia, unha celebración coa que se pretendeu render unha homenaxe á pasado desta localidade. Durante seis anos consecutivos a vila escolleu a primeira quincena de setembro para facer unha celebración que foi asentándose cada vez máis, cunha ampla participación e un aumento de actividades que, como en todas as ocasións, freou a covid en 2020.

Este será un novo ano sen Cita coa Historia. A asociación que a organiza, Lembranza da Vila, decidiu non celebrala este ano, por segunda vez, debido á presenza todavía forte da covid entre a sociedade galega.

A actual Cita coa Historia das Pontes é unha evolución da Feira Medieval que se celebraba no casco antigo desde o ano 2004. Leva realizándose desde o ano 2014 tal e como explica a súa organización tiña un obxectivo claro, “dar un paso adiante na recreación histórica da vila, mediante a organización dun evento máis amplo, non só mercado, con actividades para o público infantil, espectáculos e recreación de antigos oficios tradicionais”.

Co novo formato de evento de recreación histórica, a Cita aumentou considerablemente o número de visitantes, tanto da propia comarca como doutras provincias.

De feito, a festa evolucionou ata completar un programa de tres días, de venres pola tarde a domingo, con pregón, espectáculos de rúa, recreacións históricas, cetrería, pirotecnia, mercado, obradoiros, concursos, concertos e un sinfín de actividades nun programa denso e moi variado co que percorrer os pasados romano e medieval, principalmente.

A ASOCIACIÓN

Detrás desta celebración está o colectivo cultural Lembraza da Vila, que preside Alfonso Tojeiro Roca e no que están integradas 110 unidades familiares. Pero a Cita coa historia non é a única das súas actividades malia que pode ser a máis visible.

Leva traballando dende 1992 co obxectivo de promocionar a zona vella da vila, servir como punto de reunión para antigos veciños do mesmo, fomentar o lecer e a formación das persoas maiores, etc. 
Para levar a cabo este traballo ofrecen numerosas actividades ao seus asociados durante todo o ano. Realizan clases de baile de salón e latino, danza coreográfica así como obradoiros de distinto tipo entre os que se atopan os de restauración, bordado, Patchwork e corte e confección.

Tampouco esquécense das grandes festividades locais como o San Xoán, Magosto, Entroido, Fin de Ano e distintas homenaxes que se realizan.

Todas estas quedaron en suspenso coa chegada da covid, en marzo do 2020, practicamente nada se puido facer neste tempo.

Mentres tanto, a asociación está á espera de recibir un novo local que lles permitirá ampliar o número de actividades e poder realizar outro tipo de eventos, que polas limitacións de espazo do actual local, non era posible realizalos.

Polo tanto, este colectivo, seguindo a liña xeral actual, está en espera de que mellore a situación para poder retomar a actividade normal.

0.16198492050171