Outubro remata en Friol con diversidade de actividades socioculturais
Se na parroquia dos Condes se celebra a II Festa da Xuventude o venres 27 de outubro coa animación das orquestras New York e o Dj Casanova, o sábado 28 de outubro, serán dúas as propostas culturais para tódolos públicos as que se desenvolverán en Friol.
A proposta da Asociación Socio Cultural “Carballo Vivo” é unha peza teatral para maiores chamada “E ti, sabes de que cor son todas as laranxas”, a cargo do grupo de teatro Crea, que terá lugar ás cinco e media da tarde no centro socio-cultural de Friol.
E, por outra banda, A Castronela organiza a festa do “Samaín” no Museo-Fortaleza San Paio de Narla a partir das catro da tarde pensada para os máis pequenos con xogos castrexos, baleirado de cabazas e outras actividades. Posteriormente desenvolverase o paseo de ánimas polo Camiño Real dende a Fortaleza ao Paseo Fluvial do Río Narla, con recepción do druída. Ás nove sucederanse dará comezo unha pancetada, chocolatada e unha queimada acompañados dunha sesión teatral de monicreques. O alcalde, José A. Santos declara "esta é xa unha celebración consolidada nos actos programados desde o Concello, temos que agradecer a implicación continua da Castronela, verdadeiros profesionais no terreo que colaboran dun xeito excepcional en cada acto".
Non faltará a música tradicional coa asociación cultural “Xesta Verde” de Friol ata despedir a xornada con conxuros.