Pablísimo actúa este luns en Xermade para público infantil

O luns, 31 de marzo, ás 17:45 horas, a Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o espectáculo teatral Cabicivai, a cargo de Pablísimo, unha proposta innovadora sobre rodas que promete diversión e sorpresa para os máis pequenos.
Con unha bicicleta, un Kamishibai e tres misteriosos caixóns dos que pode saír calquera cousa, este espectáculo combina narración, teatro e música para crear unha experiencia única. Dirixido a un público infantil a partir de 3 anos, Cabicivai conta historias ao ritmo dos pedais, transportando á audiencia a un universo máxico cheo de imaxinación.
A función enmárcase dentro do programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (Ciuden), coa colaboración do Concello de Xermade.