Pablo del Valle expón na casa da cultura de Vilalba

TerraChaXa
Na mostra, que estará aberta ata o 12 de xullo, busca visibilizar a igualdade ante o racismo
exposicion-pablo-del-valle
Cartel da mostra
27 Xuño 2024

Abriu na casa da cultura de Vilalba a exposición Le Magic Mayimba. Trátase dun proxecto artístico do veciño Pablo del Valle que busca visibilizar a igualdade ante o racismo e que poderá verse ata o 12 de xullo.

Os protagonistas dos cadros que a compoñen son principalmente xente de raza negra xunto con elementos característicos da cultura africana. As cores vivas, inspiradas en pulseiras e vestimentas tradicionais, colorean as peles dos protagonistas, buscando transmitir un símbolo de alegría e da riqueza cultural que ofrece este continente.

Os chamativos degradados teñen como paleta cromática as cores panafricanas (vermello, verde e amarelo) símbolo da natureza, riqueza e loita.

Ademais, e como peche da exposición, haberá un concerto de percusión no que o repertorio estará relacionado cunha serie de proverbios africanos que recollen a tradición oral e a forma de vida das súas xentes.

0.19132208824158