Pablo del Valle ofrece este sábado un concerto en Vilalba

TerraChaXa
O Auditorio de Vilalba acolle o sábado 13 de maio, ás 20:00 horas, o concerto “Electric Drum Head” do músico vilalbés Pablo del Valle.
CONCERTO PABLO VALLE VILALBA PORTADA
10 Maio 2023

O Auditorio Municipal de Vilalba acolle o sábado 13 de maio, ás 20:00 horas, o concerto Electric Drum Head do músico vilalbés Pablo del Valle.

Trátase dun interesante e innovador proxecto para percusión e electrónica que vincula os problemas de saúde mental na sociedade a través da música.

O nome do espectáculo é un xogo de palabras entre os “drum head” (parches dos instrumentos), a electrónica, que está presente en todas as pezas do repertorio, e a cabeza das persoas.

O repertorio inclúe oito obras de compositores americanos, sete para caixa e outra para un grupo de tambores e unha lámina de metal. Todas están acompañadas de electrónica e unha delas, ademais, leva proxección audiovisual. O solista interactúa en todo momento co acompañamento como se estivese nun concerto a dúo.

Cada obra relacionase con algún dos problemas de saúde mental que xurdiron durante a época post-pandemia
Trátase dunha gran ocasión para acercarse á obra do vilalbés Pablo del Valle, formado no Conservatorio Superior da Coruña, no CEI da Escola de Altos Estudos de Santiago, e que completou os seus estudos con diferentes mestres a nivel internacional. Neste momento é colaborador da Banda Municipal de Lugo, a Banda Municipal da Coruña e da Orquestra Sinfónica do Cantábrico (OSCAN).

A entrada ao concerto é de balde previa neste enlace.

CONCERTO PABLO VALLE VILALBA
0.11831593513489