Pablo Ulla e Zelinda Spencer gañaron a carreira Nocturna de Vilalba

TerraChaXa
A proba deportiva do San Ramón, que foi aprazada, reuniu arredor de 200 participantes polas rúas da vila
ganadores-nocturna-san-ramon
13 Oct 2025

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, xunto coas concelleiras Paula Vigo e Mónica González, participou na entrega de premios da VII Nocturna San Ramón, unha cita deportiva que reuniu arredor de 200 participantes nas rúas da vila, repartidos en cinco categorías diferentes. O evento, xa consolidado no calendario deportivo local, destacou polo ambiente festivo e pola alta participación tanto de atletas profesionais como de afeccionados.

Desde o Concello expresouse o seu agradecemento ao Triatlón Vilalba e ao Clube Atletismo Vilalba pola excelente organización da proba, así como a todos e todas as participantes polo seu esforzo e entusiasmo.

Na categoría sénior masculina, o primeiro posto foi para Pablo Ulla Couñago, cun tempo de 15 minutos e 22 segundos, seguido por Juan Gude Vila, con 15 minutos e 25 segundos, e Nicolás Arrojo Fernández, con 15 minutos e 36 segundos. Na categoría sénior feminina, a gañadora foi Zelinda Spencer, cun rexistro de 18 minutos e 28 segundos, mentres que Uxía Fernández Díaz e Iria Fernández Díaz completaron o podio con tempos de 20 minutos e 28 segundos e 20 minutos e 35 segundos, respectivamente.

⚙ Configurar cookies
0.073351860046387