Pablo Veiga presenta en Begonte o seu libro 'A marcha de Anxo'
TerraChaXa
Con motivo do Día do Libro e con este motivo, dende o Concello de Begonte organizan a presentación de A marcha de Anxo, de Pablo Veiga.
25 Abr 2023
Este domingo 23 celebrouse o Día do Libro e con este motivo, dende o Concello de Begonte organizan a presentación de A marcha de Anxo, obra do noso veciño Pablo Veiga.
Este acto terá lugar o venres 28 a partir das 16.30 horas na Casa da Cultura e está aberta a toda a poboación.
Ese mesmo día e antes da presentación, Pablo visitará o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para realizar unha actividade cos nenos e nenas, que están a ler o seu libro.
Pero os actos para conmemorar o Día do Libro non acaban aquí, xa que o venres 28 pola mañá, tamén se levará a cabo a doazón de obras na praza do Concello por parte do CEIP a todos @s veciños de Begonte que acudan á cita.