Pacio prepárase para celebrar as festas na honra á Nosa Señora e San Roque
LugoXa | TerraChaXa
A festividade dará comezo o sábado, ás 13.30 horas cunha misa solemne e sesión vermú a cargo de Javi Show

8 Aug 2025
A fin de semana do 9 e 10 de agosto, a localidade de Pacio, en Friol, celebrará as súas festas na honra á Nosa Señora e San Roque.
A festividade dará comezo o sábado, ás 13.30 horas cunha misa solemne e sesión vermú a cargo de Javi Show, que fará unha dobre sesión na verbena da noite xunto ao grupo Tania Veiras.
O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora e, nesta ocasión, os protagonistas da sesión vermú serán o dúo Dilema, que se encargarán de dar por finalizadas as festas.