Pacios acolle un taller de psicomotricidade e memoria
A escola unitaria de Pacios, en Covelo, Castro de Rei, acolle o 2 de marzo un taller de psicomotricidade e memoria na terceira idade en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Este curso, que será impartido pola Escola Galega de Saúde, estará ao cargo de Jenifer Souto Perez, enfermeira educadora e psicóloga, e está dirixido a pacientes, familiares e coidadores.
O obxectivo do mesmo é promover o desenvolvemento e estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación.
Polo tanto, o programa centrarase en fundacións teóricas das capacidades biolóxicas, motrices, neuromotoras e sensoperceptivo motoras; así como os procesos cognitivos básicos., as habilidades sociais, de benestar e de participación na diversidade cultural. Haberá tamén unha sesión teórico-práctica de psicomotricidade para a terceira idade e outra de recuperación da memoria.
O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de febreiro e esta pode facerse na web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ (listado de cursos presenciais) ou por mail en prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo, mail, teléfono e dni.