Pacios celebra arranca cunha churrascada as festas da Ascensión

Tamén Pacios, en Begonte, está de festas estes días, nesta ocasión para celebrar as Festas da Ascensión.
Estas arrancarán este venres, 26, cunha churrascada, liscada e chourizada, que estará amenizada pola orquestra Fuego e un DJ.
O sábado contarán coa participación de Máster e Fania Blanco Show na verbena. O primeiro fará un adianto tamén á hora do vermú.
O domingo serán so grupos Fénix e Eclipse os encargados do apartado musical durante a verbena, con dobrete para os primeiros.
Os dous días haberá misa ás 13.45 horas seguida de procesión.