Palestina centra a temática do polémico Belén de Momán
Na capela de San Antonio de Momán volveron colocar un ano máis un belén que reflicte a realidade do que acontece no mundo. Nesta ocasión, o "xenocidio" de Israel sobre Palestina é o tema deste ano.
Partindo de que Xesús é palestino, Belén pertence a Palestina, explican na representación. "Se nacese hoxe, a familia de Nazaret fuxiría co seu fillo... este é o sinal que xa está ao comezo do Nacemento... un portal de Belén destruído polas bombas", explican.
Ademais, pódese ver unha escola destruída e unha nena palestina sangrante fuxindo co seu libro e despois un río como unha fosa común cos cadáveres envoltos en pano branco e toda Gaza sen comida e só animais soltos... a casa destruída cunha foto dunha nai da casa co seu fillo morto.
"Xa chegamos á fronteira con Israel (onde hai un muro e unha foto de Netanyahu...con soldados para evitar que pasen)". Ao lado do muro hai un refuxio feito por terroristas ("que tamén denunciamos a súa violencia"), e mortes cometidas por terroristas... "que en vez de defender o seu pobo, levárono á destrución total".
"E entremos en Israel... onde se poden ver tendas... unha sinagoga con clérigos militarizados. Despois unha torre cun símbolo americano...e apoio a Netanyahu e onde se pon a súa colaboración co xenocidio... un castelo cun rei Herodes con rostro de Netanyahu que recibe aos Reis Magos... para dicirlles que volvan, que quere saber a ese Mesías (terrorista para el) e adoralo=matalo e así mata a miles de nenos", explican.
E unha foto na parede do Belén cunha nai en brazos co seu fillo asasinado e outra da Virxe María co seu fillo nos brazos, tamén asasinados, pechan o círculo.